No Concello de Avión
somos conscientes da necesidade de intensificar as accións
de protección dirixidas aos integrantes dos colectivos
desfavorecidos, que se atopan cunha necesidade crecente
de servizos que faciliten a permanencia na súa vivenda
ou, polo menos, que lles posibilite permanecer no seu
entorno, integrados na comunidade, con coidados de larga
duración e intensidade, de calidade, controlados e seguidos
por profesionais da xerontoloxía.
Con ese fin abrimos o
Centro Integral de Servizos Sociais "Alvetus", no que
ofertamos unha serie de recursos dirixidos a mellorar
a calidade de vida dos habitantes de Avión, especialmente
daqueles que padecen algunha limitación física, psíquica
ou social.