O Centro de Día
é un centro de atención para aquelas
persoas maiores ou discapacitadas que precisan axuda
para a realización das súas actividades
da vida diaria.
Neste centro,
estas persoas, durante algunhas horas ao día,
reciben os coidados que precisan, a través
dunha atención persoalizada. Así
mesmo realizan diversas actividades, dirixidas
a manter e potenciar as súas capacidades
físicas e psicolóxicas.
O Centro de Día
fai posible que as persoas maiores e/ou dependentes
poidan permanecer nos seus domicilios. Desta forma,
este servizo cumpre unha dobre función:
coidar á persoa maior e permitir que a
familia poida compaxinar as súas actividades
personais e profesionais diarias co coidado desta
persoa.
MODALIDADES DESTE SERVIZO
Xornada
Completa (9 a 20 h.) Media Xornada de mañá ou
tarde Días soltos