| Os obxectivos da Fundación Anduriña están orientados á iniciativa social, entendendo ésta, como a organización e prestación de servizos sociais no seu sentido máis amplo.
a) Organización, prestación de servicios, axuda e asesoramento ós emigrantes, tanto ós que se acheguen ata Avión, como aqueles outros que, en calidade de retornados, volten despois de haber estado emigrados, ou ben os que estando aínda no estranxeiro e sen ser retornados, se atopen temporalmente en España e precisen dos servicios da Fundación Anduriña.
b) A colaboración cas autoridades sanitarias en materia de saúde pública e prevención de situacións potenciais de risco.
c) A organización, colaboración, prestacións de servicios, asesoramento e axuda a individuos ou colectivos con dificultades ou risco de illamento social ou marxinación, así como a situacións familiares difíciles ou con risco de desmembramento familiar.
d) A prestación de servicios de axuda no fogar, axuda ás persoas con dependencia, así como calquera outras necesidades que teñan como obxecto ou consecuencia ás persoas maiores ou dependentes.
|