|
|
| |
| A realidade social galega, na que destaca o despoboamento progresivo no rural, o envellecemento da poboación e os continuos fluxos migratorios, fai necesarias novas actuacións e programas dirixidos a algúns dos colectivos máis vulnerables como: as persoas maiores, os emigrantes/inmigrantes, persoas con algún tipo de discapacidade física ou psíquica, etc.
Neste marco de referencia nace a Fundación Anduriña, co obxectivo de dinamizar, apoiar e emprender programas que fomenten a mellora na calidade de vida e a integración social destas persoas. |
| |
Fundación declarada de Interese Galego pola Xunta de Galicia (D.O.G. de 9/11/2004).
Fundación acollida ó Rexime Especial de Incentivos Fiscais ó Mecenazgo. (Lei 49/2002).
As aportacións a esta Fundación terán os seguintes beneficios:
As feitas por persoas físicas, dunha deducción de ata o 25% no I.R.P.F.
As feitas por empresas, dunha deducción de ata o 35% no Imposto de Sociedades. |
| |
| |
|