| Esta festa xurdiu como
unha homenaxe a todos os emigrantes do Concello, fose o que
fose o país no que viviron. Sen embargo, e dado que a
maior porcentaxe destes emigrantes reside en México,
a este país en particular se adicou a festa. O que se
pretende con esta iniciativa, é dar a coñecer
unha parte da cultura dun dos países latinoamericanos
con máis proxección internacional, ó tempo
que sirve como vehículo eficaz para agradecer a esta
Nación a receptividade e o cariño có que
acolleu a tantos galegos e, entre eles, a tantos veciños
de Avión.
A Festa Mexicana celébrase o último sábado
de xullo, e gracias a ela, moita xente, e en especial veciños
de toda a Comarca, poden coñecer parte da cultura gastronómica,
musical e histórica de México. A esta festa
asisten varios dos mellores restaurantes de comida mexicana
de Galicia, que ofertan ós asistentes distintos tipos
de “antojitos”, ambientado todo, coa música
inconfundible de varios grupos de mariachis.
Para os nenos tamén hai actividades, dende romper
a típica piñata, ata talleres para ensinarlles
a confeccionar un “papalote”, xoguete típico
mexicano moi semellante a unha cometa, a crear cadenas de
papel, flores de cores, manteles en papel china, etc.
Trátase dunha festa única neste ámbito
en Galicia.
|